O Observatorio

Toda a información e datos da igualdade laboral de Galicia

O Observatorio de Igualdade Laboral de Galicia (OILGA) é unha ferramenta de coñecemento, comunicación e interacción coas persoas expertas en materia de igualdade laboral, ademais de funcionar tamén como canle de comunicación sobre a formación impartida nesta temática no Campus en liña de Igualdade Laboral de Galicia.

Grazas a súa función de conexión con especialistas nesta materia, o observatorio convértese nun centro de referencia para a obtención de coñecemento actualizado sobre as mellores práctica e avances no relativo á igualdade laboral. Esta interacción con profesionais competentes contribúe a enriquecer a mellora das estratexias implementadas co obxecto de abordar as desigualdades de xénero no emprego.

Ademais, como canle de comunicación, o observatorio tamén facilita o intercambio de boas prácticas e experiencias exitosas en materia de igualdade laboral. Isto contribúe á creación dunha rede de colaboración entre diferentes institucións, empresas e organizacións interesadas en promover a igualdade de xénero no ámbito laboral de Galicia. Sendo unha das funcións primordiais do observatorio a de avaliar o estado da situación da igualdade laboral nesta comunidade, mediante o análise rigoroso dos datos e a posterior identificación das desigualdades. Esta avaliación periódica e sistemática permite detectar áreas de mellora e fortalecer estratexias en dito ámbito.

O OILGA é un organismo creado para exercer como actor clave no impulso de accións que promoven a igualdade de oportunidades e o trato xusto para todas as persoas no mercado laboral galego.