As mulleres traballadoras en España están máis preto de acadar a igualdade salarial cos homes. A fenda salarial entre homes e mulleres redúcese dez puntos nunha década

As mulleres traballadoras en España están máis preto de acadar a igualdade salarial cos homes. A fenda salarial entre homes e mulleres redúcese dez puntos nunha década

En España, a fenda salarial entre homes e mulleres redúcese dez puntos nunha década

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2024

Na década que vai do 2012 ao 2022, a diferenza de salarios pasou dun 18,7% a un 8,7%, baixando dez puntos, segundo os datos publicados por Funcas polo Día Internacional da Igualdade Salarial. Estes datos son, ademais, mellores que a media en Europa, que se sitúa nun 12,7%. O informe do think tank mostra que a diminución da fenda salarial foi máis rápida en España que noutros países comunitarios. Mentres que o 2022 a diferenza é de catro puntos, no 2012, España superaba por dous puntos a media europea.

A organización explica que as diferenzas salariais son o resultado de comparar situacións do mercado de traballo de homes e mulleres, as súas características individuais como o nivel educativo, a idade, a antigüidade ou a produtividade e os postos de traballo que ocupan, como o nivel de responsabilidade, en que sector, o tipo de xornada ou o número de horas traballadas.

Funcas indica que a caída de dez puntos en dez anos da fenda salarial débese ao «envorco formativo» das xeracións máis mozos de mulleres. Elas teñen un nivel educativo máis alto de media, o que lles permite acceder a postos de traballo de maior categoría e, por iso, maior remuneración. 

Ademais, a fenda salarial difire moito en distintos grupos de idade. Así, entre os menores de 25 anos, son as mulleres as que máis gañan por hora de media, en comparación cos homes da súa mesma idade. No 2012, a fenda neste grupo de idade era do 8,3%. Desde o 2019 é negativa, acadando o -3,8% no 2022. Con todo, entre as persoas próximas á xubilación, a fenda salarial acada o 13,5% no 2022. Dez anos antes, situábase no 24,2%. No grupo de maiores de 65 anos, aínda que moi poucos seguen traballando, a desigualdade é aínda máis pronunciada. O centro de análise indica que, desde o 2012, a redución da desigualdade salarial é un efecto transversal. 

E a redución en dos traballos a tempo completo é maior que nos casos de traballo parcial. Nos primeiros, segundo os últimos datos publicados, a fenda reduciuse ao 2,3% mentres que nos segundos se sitúa no 18,7%.

Fonte: A voz de Galicia