Madrid, 13 de setembro de 2024
O Ministerio de Igualdade, a través do Instituto das Mulleres convoca a XII edición do distintivo “Igualdade na Empresa“, que recoñece e promove as boas prácticas empresariais en materia de igualdade no ámbito laboral.
Esta distinción, estimula e recoñece a excelencia na aplicación de políticas de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, nos modelos de organización e noutros ámbitos, como nos servizos, produtos e publicidade da empresa.
As empresas que o obteñan manterán a súa titularidade durante 5 anos, podendo solicitar unha prórroga. Durante este período deberán conservar e acreditar o nivel de excelencia en igualdade e poderán utilizar o distintivo como parte do seu tráfico comercial e publicitario.
Nesta nova convocatoria, as empresas e entidades interesadas poderán presentar a súa candidatura ata o 14 de outubro a través da sede electrónica do Ministerio de Igualdade igualdade.sede.gob.es.
Na valoración das candidaturas analizarase a implantación, seguimento, avaliación e resultados das medidas contidas nos plans de igualdade ou nas políticas de igualdade; o seu carácter integral; a aplicación de medidas de acción positiva; a implantación, seguimento e avaliación do protocolo contra o acoso sexual e por razón de sexo; a desagregación por sexo dos datos, así como a evolución e grao de implantación das medidas de igualdade e da situación das mulleres e homes no cadro de persoal.
Actualmente son 168 empresas as que contan con este distintivo.
Fonte: Europapress