Obxectivos
Os obxectivos estratéxicos que orientan o labor deste Observatorio e que teñen como propósito impulsar un cambio significativo na igualdade laboral en Galicia, recóllense a continuación:
Identificar, analizar e actualizar a base de datos con datos de relevancia no ámbito laboral.
Detectar e sinalar as desigualdades de xénero no mercado laboral galego.
Difusión de información e boas prácticas de experiencias exitosas neste ámbito.
Fomentar a investigación e o desenvolvemento de novos enfoques, ferramentas e metodoloxías.
Fortalecer o diálogo social, facilitando a colaboración entre diferentes actores do ámbito laboral galego.
Avaliar o impacto social e económico que aporta a igualdade laboral efectiva en Galicia, destacando os seus beneficios e importancia.
Cos presentes obxectivos búscase asegurar que este Observatorio cumpra o seu rol de impulsar e promover accións concretas para mellorar a igualdade no ámbito laboral, xerando un cambio positivo e sostible na nosa sociedade.