A difusión de información é un aspecto crucial para alcanzar unha sociedade máis xusta e inclusiva. Por este motivo, o Observatorio comprométese a promover activamente a capacitación nesta área, empregando diversas estratexias de difusión, tanto a nivel autonómico como nacional, para chegar a un maior público obxectivo.
Asumindo por tanto un papel fundamental de persoas facilitadoras de acceso ao coñecemento tanto para homes como mulleres, de formación en igualdade laboral e de boas prácticas neste ámbito, que fomenten a igualdade de xénero e a non discriminación por razón de sexo, e así avanzar en conxunto cara unha maior igualdade real e efectiva.
Prensa

As mulleres traballadoras en España están máis preto de acadar a igualdade salarial cos homes. A fenda salarial entre homes e mulleres redúcese dez puntos nunha década
En España, a fenda salarial entre homes e mulleres redúcese dez puntos nunha década

XII edición do distintivo “Igualdade na Empresa” do Instituto da Muller
Nova edición do distintito “Igualdade na empresa” que recoñece e promove as boas prácticas empresariais en materia de igualdade no ámbito laboral.

A Xunta concederá axudas de ata 26.250 euros por cada muller contratada con carácter indefinido en sectores masculinizados
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia apoia a contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas e tamén para a adaptación de determinados espazos nas empresas cun orzamento inicial de 1,7 millóns de euros

A Xunta reforza a formación do Campus de igualdade laboral con arredor de 6.000 persoas usuarias
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, mantivo un encontro co equipo docente do Campus formativo en igualdade laboral para facer balance do acadado ata o de agora, abordar o programa previsto para o segundo semestre deste ano e avanzar na planificación do 2025.

A Xunta de Galicia continúa impulsando medidas para acadar a igualdade laboral e o impulso da maior presenza feminina en sectores masculinizados
A Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social destaca no VI Foro Empresarial que a Xunta de Galicia segue apostando pola igualdade laboral co impulso de medidas que fomenten a presenza feminina en sectores masculinizados

A Xunta presenta en Vigo o proxecto Iqual Campus, un sistema formativo especializado en igualdade de xénero laboral entre Galicia e o Norte de Portugal
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe no foro organizado pola Xunta Igualdade laboral e RSE+I: claves para a xeración de emprego transfronteirizo de calidade e contribución do proxecto Gemcat Capitaliza

A Xunta presenta unha lei para garantir a igualdade entre mulleres e homes
A Conselleira de Igualdade sostén que o obxectivo é buscar un cambio cultural nas empresas, en especial nas de pequeno tamaño, e promover medidas de conciliación e flexibilización de horarios

Un estudio constata que desde o 2010 en Vigo só hai máis igualdade laboral no sector servizos
O programa que desenvolve a Fundación Matrix indica que a fenda de xénero creceu e hai unha alta masculinización en sectores como o transporte e a almacenaxe e que baixa noutros como a industria do automóbil