XII edición do distintivo “Igualdade na Empresa” do Instituto da Muller

XII edición do distintivo “Igualdade na Empresa” do Instituto da Muller

Nova edición do distintito "Igualdade na empresa" que recoñece e promove as boas prácticas empresariais en materia de igualdade no ámbito laboral.

Madrid, 13 de setembro de 2024

O Ministerio de Igualdade, a través do Instituto das Mulleres convoca a XII edición do distintivo “Igualdade na Empresa“, que recoñece e promove as boas prácticas empresariais en materia de igualdade no ámbito laboral.

Esta distinción, estimula e recoñece a excelencia na aplicación de políticas de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, nos modelos de organización e noutros ámbitos, como nos servizos, produtos e publicidade da empresa.

As empresas que o obteñan manterán a súa titularidade durante 5 anos, podendo solicitar unha prórroga. Durante este período deberán conservar e acreditar o nivel de excelencia en igualdade e poderán utilizar o distintivo como parte do seu tráfico comercial e publicitario.

Nesta nova convocatoria, as empresas e entidades interesadas poderán presentar a súa candidatura ata o 14 de outubro a través da sede electrónica do Ministerio de Igualdade igualdade.sede.gob.es.

Na valoración das candidaturas analizarase a implantación, seguimento, avaliación e resultados das medidas contidas nos plans de igualdade ou nas políticas de igualdade; o seu carácter integral; a aplicación de medidas de acción positiva; a implantación, seguimento e avaliación do protocolo contra o acoso sexual e por razón de sexo; a desagregación por sexo dos datos, así como a evolución e grao de implantación das medidas de igualdade e da situación das mulleres e homes no cadro de persoal.

Actualmente son 168 empresas as que contan con este distintivo.

Fonte: Europapress